Trátase de unha lista de tendas en Vigo e arredores que venden material interesante para un maker.
Se crees que falta algunha (que falta, creeme :P) manda unha "issue" ou un "pull request" ou unha mensaxe a algún dos que mantén á lista coa información que se debería engadir (polo de agora: nome, dirección, coordenadas GPS, páxina web e qué vende que sexa de interese).
Se queredes editar o ficheiro GeoJSON para facer un pull request, os pasos que eu faría serían os seguintes:
-
Abrir http://geojson.io que é un editor GeoJSON en liña.
-
Copiar o texto da lista de tendas en https://raw.githubusercontent.com/aindustriosa/tendas_para_makers_por_Vigo/master/lista_de_tendas.geojson
-
Pegar o texto en geoson.io e engadir a nova tenda.
-
Engadir a tenda. Básicamente, trátase de engadir unha nova entrada á lista de "features" no JSON. Máis sobre isto despois.
-
Cando esteas contento co resultado, copia o contido do ficheiro, edita lista_de_tendas.geojson online usando a URL https://github.com/aindustriosa/tendas_para_makers_por_Vigo/edit/master/lista_de_tendas.geojson e pega o teu ficheiro.
-
Preme ó botón "preview changes" para ver se o resultado é o que esperabas.
Unha entrada da lista de "features", unha nova tenda, debería ter esta forma:
{
"type": "Feature",
"properties": {
"marker-color": "#ff0000",
"marker-size": "medium",
"marker-symbol": "shop",
"name": "Iturmendi",
"address": "Rúa do Progreso, 18, 36202 Vigo, Pontevedra",
"web": "https://www.ferreteriaiturmendi.es/",
"sells": "Cousas de ferretería"
},
"geometry": {
"type": "Point",
"coordinates": [
-8.723579049110413,
42.23570859935509
]
}
}
´´´
As cousas que deben ser distintas na túa entrada son:
- name: que é o nome da tenda.
- address: a dirección que entenden os humanos.
- web: dirección da páxina web da tenda (se ten, se non non inclúas esta liña).
- sells: qué é o que vende que sexa interesante para nos.